martes, 10 de decembro de 2019

Samaín e Magosto!

Ola compañeiros e compañeiras!

O mércores 30 de outubro, celebramos no CPI de Zas o Magosto e o Samaín. Durante esa semana puidemos asistir a contacontos de medo ofrecidos polo alumnado de secundaria, realizamos un libro con receita típicas do outono, exhibimos as cabazas realizadas polo alumnado con material de refugallo, xogamos á búsqueda do tesouro, queimamos os medos, comimos moitas castañas e rematamos este festexo cunha gran foliada!

Deixámosvos aquí un vídeo para que poidades desfrutar de todas as actividades realizadas!!

Moitas grazas pola vosa colaboración  e en especial á panadería Castiñeira.






San Martiño no Cpi de Zas

Ola a tod@s!

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO...

E POLO SAN AMARO, PEÓNS AO FAIADO.


Estes dous refráns invitánnos a bailar os peóns antes de que chegue o mes de xaneiro. No CPI de Zas fixémoslles caso, e o 12 de novembro, celebramos o Día do Peón e saímos ao patio para bailalo. 


Para motivarvos aínda máis decidimos retar ao alumnado veciño da nosa localidade e batirnos en duelo co CEIP Labarta Pose. O obxectivo consistiu en bailar o maior nº de trompos durante o maior tempo posible.


Coa colaboración  do departamento de Educación Física e o equipo  que conforma o Proxecto Deportivo de Centro (PDC) do centro educativo, fiemos o cartaz que serviu para promocionar o Día do Peón, o cal forma parte da tradición lúdica e cultural galega.


A iniciativa tivo bastante éxito como así o amosa o vídeo resumo que fixemos da conmemoración do Día do Peón, aquí vos vai;

martes, 3 de decembro de 2019

Receitario de outono!


Ola compañeiras e compañeiros!

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo da Biblioteca, realizamos un pequeno libro dixital con receitas típicas do outono. Para iso, o alumnado tivo que recompilar información, coa axuda das familias, deses pratos máis representativos desta época do ano.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Poñede os fornos a funcionar!!


Receitas de outono