xoves, 22 de decembro de 2022

EXPOSICIÓN POSTAIS NADAL

Así de bonitas quedaron as postais navideñas elaboradas por todo o alumnado do centro. Grazas a todos por participar!


luns, 14 de novembro de 2022

TÍRALLE DA LINGUA

O alumando de 6º de primaria participou este ano no XXI Concurso de relato oral: o TÍRALLE DA LINGUA. Trátase dun proxecto da AS-PG que ten como obxectivo incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua.

Podedes ver o vídeo que prepararon pinchando aquí.

Moitas grazas por participar!



mércores, 26 de outubro de 2022

PORTAS TERRORÍFICAS DO CPI DE ZAS

Ademais da exposición de cabazas, este curso decidimos decorar as portas das aulas do noso centro educativo. Todo o alumnado participante recibiu un agasallo (descúbreo nas imaxes). 
E a ti, cal che da máis medo?













martes, 25 de outubro de 2022

EXPOSICIÓN CABAZAS E QUEIMA DE MEDOS 2022

Por aquí deixamos algunha fotiño da exposición de cabazas, todas elas acompañadas de elementos e froitos que caracterizan o outono. Quedaron todas moi chulas!!





E... que opinades da nosa mesa para o esconxuro e a queima de medos?



Agradecemos enormemente a participación de todos e todas durante estes días, o centro estivo moi moi ambientado!


xoves, 20 de outubro de 2022

venres, 14 de outubro de 2022

DAMOS A BENVIDA AO SAMAÍN COS MANDADOS DO MECO TERRORÍFICO

Este curso estreamos no CPI de Zas unha personaxe terrorífica para festexar o samaín. 
Animádevos a participar e a pasar un rato terrorífico con todos nós durante a semana do 24 ao 28 de outubro.  


Os mandadiños son os que seguen: