Ola a tod@s!
POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO...
E POLO SAN AMARO, PEÓNS AO FAIADO.
Estes dous refráns invitánnos a bailar os peóns antes de que chegue o mes de xaneiro. No CPI de Zas fixémoslles caso, e o 12 de novembro, celebramos o Día do Peón e saímos ao patio para bailalo.
Para motivarvos aínda máis decidimos retar ao alumnado veciño da nosa localidade e batirnos en duelo co CEIP Labarta Pose. O obxectivo consistiu en bailar o maior nº de trompos durante o maior tempo posible.
Coa colaboración do departamento de Educación Física e o equipo que conforma o Proxecto Deportivo de Centro (PDC) do centro educativo, fiemos o cartaz que serviu para promocionar o Día do Peón, o cal forma parte da tradición lúdica e cultural galega.
A iniciativa tivo bastante éxito como así o amosa o vídeo resumo que fixemos da conmemoración do Día do Peón, aquí vos vai;
Ningún comentario:
Publicar un comentario