O pasado sábado 30 de xaneiro conmerouse, un ano máis, o Día escolar da non violencia e a paz. Este curso, dadas as circunstancias xa coñecidas, foinos imposible celebrar unha actividade de centro como viña sendo habitual. Por iso ides ver varios proxectos diferentes, todos eles cheos de #tolerancia, #respecto, #amor e #solidariedade; porque estas son as claves coas que construímos a convivencia no noso centro.
En Educación Infantil e Educación Primaria fixeron un precioso e colorido mural da paz e una cadena de favores. Por outra parte, na ESO fixemos acrósticos e caligramas que deixaron fluír o talento do alumnado, tanto para a composición poética coma para a execución artística. O primeiro que fixemos foi unha chuvia de ideas coas que buscamos todas as palabras que semanticamente relacionamos coa paz.
Aquí tedes algunhas fotos (grazas a Conchi, a improvisada reporteira gráfica da actividade e coordinadora do Equipo de Convivencia):
Por último, tamén na ESO, reflexionamos sobre a situación mundial derivada da #COVID19 e realizamos unha campaña de concienciación da doazón de vacinas a países en vías de desenvolvemento. Eis o resultado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario