xoves, 30 de xaneiro de 2020

Día da paz



Ola a todas e a todos!

Hoxe celebramos o día da paz baixo  o lema “Sementemos paz”.

Seguindo o fío condutor deste ano, o medio ambiente, decidimos plantar árbores nunha maceta feita con material de refugallo. 

Deixámosvos aquí unha mostra.








luns, 30 de decembro de 2019

Coñecendo un pouco máis de Barcelona. Intercambio Zas-Barcelona.

Ola!
Durante os meses de novembro e decembro o alumnado de 2º de Primaria coa  súa mestra  Tamara estiveron traballando arreo nun proxecto de intercambio cultural co alumnado de 2º de Primaria do Centro Escolar San Francisco de Barcelona. 

A través deste proxecto o alumnado puido coñecer un pouco máis sobre a cidade condal. Ademais, puidemos levar o galego máis alá da nosa comunidade coa realización dunha pequena masterclass do noso alumnado no seguinte vídeo. 








Despois de ensinarlles algunhas das verbas galegas, quixemos tamén, ensinarlle algunhas das nosas tradicións, como poden ser os xogos populares. Que ben o pasamos grabando este vídeo!!





Con máis coñecementos sobre Barcelona, só nos faltaba ter un primero contacto cos nenos e nenas barceloninos, para iso sacamos papel e lápis e dispuxémonos a escribir unha carta onde lle contamos como somos e lle realizamos unha chea de preguntas.





Unha vez rematada a carta, gardámola nun sobre, puxémoslle un selo e enviámola cara Barcelona. Ao  igual que o alumnado de Barcelona que nos achegaban esta imaxe tras enviar a súa carta a Zas.





Xa a última semana de clase, tivemos a oportunidade de coñecelos a través dunha videochamada. Nela puidemos presentarnos persoalmente, realizar e responder preguntas e como non, aprender un pouco de catalán. 




Moitas grazas as mestras Tamara, Cristina, Olalla, Carlota e Pilar por poder levar a cabo este marabilloso proxecto. 

O Nadal chegou ó CPI de Zas

Ola! Deixámosvos aquí diferentes vídeos coas actividades realizadas no CPI de Zas polo Nadal. Esperamos que vos guste. 




Aquí vai o vídeo coa xenial actuación realizada por Títeres Cachirulo na representación da obra "Historia do Apalpador".












Ademais durante esta semana contamos cunha visita moi especial no noso colexio. Procedente das montañas do Courel e antes de comenzar a súa andaina polas  casas galegas, o Apalpador quixo  facer unha pequena  parada no CPI de Zas. 






Tamén puidemos desfrutar dun marabilloso concerto didáctico  da man de Píscore, onde nenos e mestres pasamos un bo  rato desfrutando de boa música.




Tras a visita do Apalpador, as súas maxestades de Oriente non quixeron  ser menos e por iso fixeron un pequeno oco na súa apretada axenda para repartir caramelos e recoller as últimas cartas antes da noite máis máxica do ano.