venres, 23 de febreiro de 2024

ROSALÍA DE CASTRO 2024

Este 23 de febreiro celebramos no CPI de Zas o Día de Rosalía e, para iso, contamos coa colaboración de toda a rapazada do centro. Mentres uns debuxaban a Rosalía, outros entretíñanse deseñando bolboretas e flores para que quedara o corredor así de ben ambientado: 

venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

Chegou o entroido ao CPI de Zas e este ano os disfraces tiñan que gardar relación cas viaxes, o tema da biblioteca elixido para este curso. Puidemos desfrutar dunha gran variedade de confeccións: turistas, hoteis, astronautas, avións, azafatas, pilotos, safari, peregrinos... 
Pola nosa parte, o equipo preparou uns memories para xogar e divertirnos durante estes días de entroido. 

mércores, 20 de decembro de 2023

NADAL 2023

Para festexar o nadal, o equipo propuxo crear unha historia coa colaboración do alumnado de infantil e primaria. 
1º de primaria pintou a árbore de verde e escolleu o protagonista (un boneco de neve) mais o lugar onde transcorrería a historia. Pola súa parte, 2º EP deu comezo a historia e pasoulle a quenda aos compañeiros/as de 3º. Estes, continuaron ca escrita e entregáronlla ao grupo de 4º (así sucesivamente ata culminar a historia en 6º de primaria). Os máis pequenos e pequenas de infantil encargáronse da montaxe mais do decorado final.
Que vos parece? Merece a pena lela!
   
Pero isto non foi todo, tamén procedemos á montaxe dunha árbore de nadal aproveitando a estrutura do maio que tiñamos feita dende o curso pasado.
Grazas aos compañeiros e compañeiras da ESO do equipo do EDLG por axudarnos coa montaxe.


No último día, divertímonos moito con distintos obradoiros de música, manualidades e cociña e rematamos o trimestre cunha sesión de cine con flocos de millo e moooooooito zume.